Saltar ao contido
Díaz Oliva

Páxinas web para autónomos e pemes

A túa web, feita por ti. Sen saber de webs.

Escolles por onde empezar, cambias os textos e vela montarse ao lado mentres escribes. Publicar unha páxina non custa nada e non pide tarxeta.

Crear e probar non custa nada · Publicar tampouco

Aire Limpio ClimatizaciónExemplo

Publicar esta non custa nada

Do titular ao orzamento nunha páxina

Publicar esta non custa nada

Reservar mesa, con turnos e aforo de verdade

Publicar esta non custa nada

Cinco páxinas con equipo, obra e mapa

Publicar esta non custa nada

Doce fichas con páxina propia, e ningún carriño

Hoxe non hai ningún plan que a publique

Trece fichas, cesta e pedido de punta a punta

Publicar esta non custa nada

Pide cita escollendo servizo e persoa

Aire Limpio Climatización · Instalador de climatización

O que cambia respecto do habitual

  • Próbase antes de pagar

    Constrúes a web enteira, mírala no móbil e no escritorio e amósala a quen queiras. Publicala tampouco pide tarxeta: o plan de entrada actívase só.

  • Unha cota, e xa está

    A cota sae do plan que precise a web que constrúas e vese antes de pagar. Non hai alta, nin permanencia, nin conceptos que aparezan ao final. E cada plan di cantas webs sostén, sen cobro por cada unha.

  • O dominio é teu

    Podes compralo ti, no rexistrador que queiras, ou encargárnolo e rexistrámoscho ao teu nome. Nos dous casos figuras ti como titular desde o primeiro día, e podes levalo a outro rexistrador cando queiras sen pedirlle permiso a ninguén.

Como se fai, en catro pasos

Da primeira pantalla ao teu dominio, sen reunións e sen esperar por ninguén.

  1. Escolles por onde empezar

    Con unhas preguntas sobre o teu negocio, cun dos modelos xa montados, ou desde o esqueleto mínimo. Os tres camiños acaban no mesmo editor.

  2. Cámbiala véndoa

    Escribes a un lado e a web refaise no outro, no ancho que escollas: móbil, tableta ou escritorio. O que ves é o que se publica.

  3. Publícala co teu correo

    Escribes o teu correo, abres a ligazón que che chega e a túa web sae ao aire. Non hai que escoller plan nin dar unha tarxeta. Se o prefires, gárdala sen publicar e segues outro día.

  4. Ponslle o teu enderezo

    A ligazón que che damos serve desde o primeiro minuto e pódese pasar a quen queiras. O teu propio dominio conéctase cando che apeteza: o que xa teñas, ou un que compres ti en tres minutos.

O que custa cada plan

Publicar unha páxina non custa nada, e de aí para arriba o que cambia é ata onde chega a web e canto se pode usar.

  • Beta

    De balde

    O plan da beta: varias páxinas, o teu dominio, catálogo e reservas, sen custo e sen tarxeta mentres dure.

    Crear páxina web

Que se paga cada mes

Na cota vai todo o que fai falta para que a web siga en pé: servila, renovarlle o certificado, gardarlle copias e deixarche cambiala cando queiras. Non hai nada máis que pagar.

desde

De balde

  • Varias webs publicadas coa mesma cota, segundo o plan
  • Aloxamento, copias de seguridade e certificado incluídos
  • O editor aberto, sen límite de cambios nin de veces
  • Sen permanencia: dáste de baixa cando queiras

En que nos diferenciamos

  • Resultado antes que promesa

    O habitual no sector é aboar por adiantado e esperar semanas a ver algo. Aquí empézase polo resultado: montas a web enteira, publícala e só pagas cota se o que construíches pide máis do que inclúe o plan de entrada.

  • Non hai nada que esperar

    Non hai cola, nin axenda que se libere, nin unha primeira versión que chegue nuns días. A web móntase mentres a escribes.

  • Detrás hai unha persoa

    Sen capas de xestión nin tickets. Quen contesta un correo é quen construíu o sistema e sabe por que fai o que fai.

  • Base técnica coidada

    Estrutura, velocidade e datos estruturados resoltos desde o inicio. É o fundamento sen o cal ningunha estratexia de posicionamento funciona.

Dúbidas que saen sempre

Canto se tarda?

O que tardes ti. Non hai cola nin axenda: a web móntase mentres a escribes e publícase no momento en que lle das a publicar. Coas respostas ou cun modelo tense algo que amosar en cinco minutos, deixala como queres adoita levar unha tarde, e o que máis tempo leva é reunir os textos e as fotos.

Canto custa probar?

Nada. Constrúese a web enteira, mírase no móbil e no escritorio, amósase a quen queiras e publícase sen pagar nin dar unha tarxeta: o plan de entrada actívase só ao publicar. A cota aparece cando a web pide máis do que ese plan inclúe.

Cantas webs se poden publicar cunha cota?

As que inclúa o plan que teñas: cada plan di cantas webs sostén e ata onde chega cada unha, e vese na páxina de prezos. Os borradores non ocupan oco: caben dez por conta, non custan nada e non caducan.

E se ao final non me convence?

Non pagas. A web queda gardada na túa conta por se volves, e podes pedir que se borre cando queiras.

Montámola?

Empézase sen conta e sen pagar. En cinco minutos tes algo que amosar.